miércoles, 21 de noviembre de 2012

Estimado visitante:

Hai case dous anos que non daba accedido a esta miña conta, logo de enterarme de que era imposíbel de acceder a ver o blogue pois púxenme mans á obra pra poder solucionar dito problema (aparecía unha páxina destas tipo SPAM, pero polo que vexo xa está todo arranxado.)

Como ía dicindo, aproveito esta entrada para informar de que moi pronto comezarei outra nova aventura na rede, outro lugar onde expresarme (sen ser facebook que é pouco persoal) e supoño que o novo espazo estará ligado a esta conta.

E pra rematar gustaríame escribir algo antes de quizáis non volver actualizar máis este espazo meu chamado " A zanfonista".
Teño realmente claro que endexamáis serei quen de eliminalo, porque aquela rapaza de 12 anos que hai 5 anos comezou a súa historia escribindo sobre a súa amada música galega, pois "desapareceu". Non marchou nin moito menos, ela segue aquí pero moi cambiada, coa mesma esencia pero atarexada noutros temas.
Este lugar é quizáis o único sitio onde se consevan aqueles sentimentos de finais da miña infancia pra entrar na adolescencia. Foi pra min quizáis algo así como un "diario" (algo semellante claro está!). A sensación de ler moitas das entradas desde o inicio é a mesma de cando ves fotos antigas e sorrís ao lembrar...pois isto é o mesmo.
Quero chegar a ser unha muller feita e dereita (que coidado, que pra esas aínda queda moito...) e nun día nos que me senta melodramática, poder acceder a él e ler...e lembrar...e sorrir e quizáis deixar caer algunha bágoa...nunca se sabe! A parte quero darlle a oportunidade a aqueles que me seguiron dende o incio da creación deste meu paso, volver a retomar o fío, pero esta vez noutro espazo.


Así pois, non direi un adeus! NIN MOITO MENOS! Andarei por aquí, por onde ninguén me pode calar, por onde alguén me queira escoitar, pois aquí estarei.

Moitas grazas a todos!

domingo, 1 de mayo de 2011

Unha copla ao meu amado instrumento.. a zanfona



Á señora ama da casa
nunca a barriga lle doia
que me ha dar un torremiño
para untar a zanfona
A zanfona eche larpeira,
que si non come, non canta,
que hai que darlle a cada rato
bicos de manteiga branca
Señora amiña da casa
nunca a barriga lle doia
deme un anaquiño de unto
para untal a miña zanfoña


Hoxe, atrévome moitos meses despois a actualizar este lugar que fai un tempo foi dunha rapaza amante da música galega. Esa rapaza pois como calquera outra medrou pero segue tendo algo en común con aquela zanfonista... o amor á música e á zanfona.
Aquí despídome pode que outra vez por moitos meses ou pode que por pouco tempo, xa que proximamente abrirei un novo espazo a outra afección miña, A ESCRITURA.
Att: A Zanfonista

lunes, 6 de septiembre de 2010

Unha imaxe vale mais ca mil palabras, Non?

Pois como se pode apreciar na imaxe xa son gaiteira dende fai 3 anos na banda "Os dezas de Moneixas". E asi aproveito para deixar unha imaxe actual miña.
Deica outra e perdoade por non actualizar

sábado, 3 de abril de 2010

Chegada de Búbal, unha experiencia inesquecible!

Búbal dende o lonxe


Alumnos do I.E.S Laxeiro

Concurso da cara máis graciosa comendo mortadela sen tocala coas mans.
Unha das gañadoras,eu!
Un dos recunchos de Búbal
Alumnos de Zaragoza e de Lalín despois do xuizo da bruxa

Hoxe xa se cumpre unha semana dende que cheguei desa fermosa viaxe que nunca esquecerei. Non sei se sería pola compañía, se sería o lugar, aínda non o sei con certeza, pero o que si podo dicir é que veño encantada e maravillada.

Eses 6 días serán inesquecibles.
O instituto que nos acompañou era de Zaragoza. Xa o primeiro día entablamos boa amizade con eles e todo, claro está que o peor foi despois a despedida.

A parte de traballar ("tajos" para eles, tipo carrexar pedras, limpar a depuradora, limpar todas as habitación, pór a mesa, etc) tamén tivemos moitas excursións, na que puidemos estar na neve aló nun dos altos...

Tamén tivemos diversos talleres, eu escollín o de facer cestas e a escalada. Ámbolos dous encantáronme, pero máis a escalada, e que iso de subir polas paredes dunha casa non cho deixan facer aquí en Lalín, e xa que por unha vez me deixan pois ala.
Nas cestas tivemos que ir recoller o material para facelas, e despois elaborar a cesta.

Pero creo que outras das cousas que máis me gustou pois eran os amenceres e as noites. As alboradas porque era abrir as contras das ventás e ver a paisaxe toda nevada. Só se pode definir cunha palabra: Marabilloso!
As noites, pois basicamente porque podías camiñar polo pobo na compaña dos teus amigos, podías ir para a igrexa (que era como o noso local de diversión) podías ir ler o xornal, moitas cousas, pero sempre sen as novas tecnoloxías. Era o colmo tamén que apenas había cobertura, pero aínda así sobrevivín. Eu se puidera repetiría!!

E como ben nos dixeron alí: "Cuando vuestros padres, abuelos, tíos, amigos... os pregunten que qué tal lo pasasteis, decidles que es imposible de explicar porque Búbal hay que vivirlo"
Frase que sempre me quedará na memoria. Ou como a lenda da luz do val, que consistía en que unha luz misteriosa, aos novos visitantes daquela zona sempre lle afectaba ao corazón, é dicir que sempre se acababan namorando, pode ser que si que me afectara, porque namorar namoreime, pero do lugar jeje.

E claro que hai cousas que nos levamos de Búbal como: momentos irrepetibles, amizades inesquecibles, sensacións para o recordo... cousas que non levaramos para aló.
Tamén trouxemos expresión típicas tipo: "Pajaricoo, que só vo dar una zurrá"(traducido ao noso idioma,"Rapaz! que vas levar..!) ou "Kirrina, kirrina" (para chamar ás ovellas)

No inicio deixeivos algunhas das fotos (ter teño perto de 600 fotos e como que tantas non vou pór) espero que vos gusten(noutra ocasión porei máis)







jueves, 11 de marzo de 2010

A Búbal





Despois de moito tempo sen actualizar, aqui estou de novo.
Hoxe pois vouvos falar dunha viaxe que darei. Destino, Búbal. Tempo, do 21 ao 27. Tempo suficiente para esquecerme de estudar por un tempo.

Búbal é unha localidade pertencente ao concello de Biescas, na provincia de Huesca. Actualmente atopase deshabitada.

A parte alta deste pobo, inicialmente abandonada, a pesar de non verse afectada polo embalse, pasou a formar parte da PRUEPA (Programa de Recuperación y Utilización Educativa de Pueblos Abandonados).

E con isto pois explico que, nos imos á reconstrucción do poboado. Unha actividade que a verdade parece ben interesante. Ademais, dache a oportunidade de coñecer xente nova, xa que a parte do noso instituto, xúntanse uns cantos máis.

De momento isto, é o que sei.

E aqui remato a entrada de hoxe.

Cando volte da viaxe intentarei subir as fotos.

miércoles, 23 de diciembre de 2009

BO NADAL A TODOS!!!






Despois dos exames, das notas (que dentro do que cabe foron boas) e do sortero da loteria, pois chega o Nadal. Por fin, chegaros as festas nas que a a familia xúntase, hai agasallos.. O mellor, que vou poder estar en internet, ler moito ata cansar, durmir (tampouco moito, porque senón non durmo pola noite), estudar, ensaiar para a gaita e a zanfona, e se me queda tempo (que malo será), pois actualizar o blog.


ASÍ QUE, BO NADAL A TODOS/AS!!

miércoles, 16 de diciembre de 2009

NEVE EN LALÍN






Hoxe, nevou. O bo de todo isto, que non temos clase, e podemos saír por ahí a ver as boas paisaxes que quedaron. O peor, que só será por hoxe, porque as temperaturas aumentan. Polo menos quédanos o recordo dun bo día.

Xa estamos ao remate dos exames e entrando nese período que a todos nos gusta "As vacacións"·
A parte de descansar, por desgraza, terei que pasarmas estudando. Pero, non hai mal que por ben non veña,
asi para a próxima avaliación levarei boas notas. (sempre me dixeron que tiña que ser positiva).

Bueno, e aquí despídome por hoxe, pero, déixovos as fotos que puid
en facer hoxe pola mañá.